Plataformas web para empresas

O teu negocio non debería ter que adaptarse ao software. O software debe adaptarse a ti.

Se o teu equipo perde tempo entre follas de cálculo, correos e aplicacións que non se comunican, podemos axudarche. Desenvolvemos plataformas web adaptadas aos teus procesos, coa información nun mesmo lugar e cun equipo que te acompaña despois da posta en marcha.

Menos traballo manualAutomatiza tarefas e evita introducir os mesmos datos varias veces.
Datos útilesConsulta a información que necesitas para tomar decisións.
Soporte e evoluciónMantemento, atención e melloras da plataforma segundo as condicións contratadas.
Solucións para cada momento do negocio

A tecnoloxía adáptase ao que necesitas conseguir.

Partimos dunha base común e adaptámola á operativa, ao momento e aos obxectivos de cada empresa. Estas son algunhas das formas que pode adoptar.

No día a día

Menos ferramentas desconectadas. Máis control do traballo diario.

A diferenza está nas tarefas cotiás: atopar un dato, responder a un cliente ou consultar como vai o negocio sen pasar dunha aplicación a outra.

Menos fricción

O teu equipo dedica menos tempo a tarefas repetitivas.

Menos comprobacións manuais, menos pasos que dependen da memoria e máis tempo para o traballo que si require criterio.

Máis claridade

Decides cunha visión máis completa.

Coa información conectada, atopas respostas sen saltar entre cinco ferramentas nin comparar tres versións da mesma cifra.

Máis capacidade

Medrar non multiplica o esforzo ao mesmo ritmo.

Máis volume, máis clientes e máis complexidade sen converter cada avance en máis traballo operativo.

Mellor experiencia

O que ve o teu cliente está á altura do que hai detrás.

Produtos e experiencias dixitais rápidas, claras e sólidas, sen pedir paciencia a quen non ten por que cha dar.

Se algo disto che resulta demasiado familiar

Cando un parche comeza a necesitar outro, adoita merecer a pena mirar o problema completo.

Cóntanos que parte do negocio está pedindo demasiado tempo, demasiadas excepcións ou demasiada atención. Nós poñemos o criterio técnico; ti decides se o cambio merece o investimento.

Comecemos o teu proxecto